Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter Instagram LinkedIn YouTube Phone Play Play Pause Languages Oficina virtual Tu perfil

Cerámica Campo emprega minerais na súa actividade de fabricación de materiais de construción. Estas materias primas do subsolo obtéñense  en minas e canteiras de proximidade.  

Para garantir a subministración das súas plantas, en 2025 solicitáronse nove Permisos de Investigación no Concurso de Dereitos Mineiros da provincia da Coruña.


Qué é un permiso de investigación?

O permiso de investigación xeolóxica no ámbito do dereito mineiro é un título habilitante outorgado pola Xunta de Galicia que concede ao seu titular (neste caso a Cerámica Campo) a facultade de realizar, dentro do perímetro delimitado e durante un prazo determinado, os estudos e traballos destinados a poñer de manifesto e definir un ou varios recursos mineiros (neste caso, caolín e arxila).

Este permiso non autoriza a explotación dos recursos minerais. A súa finalidade é exclusivamente a investigación e o estudo do potencial xeolóxico da área.
Ceramica-Campo-permisos-v3

Traballos e coidado do terreo

icono-binocular

Que traballos se van realizar?


Percorrerase o terreo e recollerase información (mostras superficiais, fotos…), utilizando camiños e pistas existentes. Nas zonas de interese, poderanse realizar calicatas (pozos pequenos de 3-4 m² e 1-2 m de profundidade) para obter mostras da xeoloxía e, chegado o caso, sondaxes para obter mostras de ata 20 m de profundidade. Son actuacións localizadas e de curta duración. 

icono-hojas

Que afección terán sobre o terreo?

Os traballos non requiren movementos de terra nin cambios na forma do terreo. En cada punto de sondaxe habilitarase unicamente o espazo necesario para colocar a maquinaria e, cando sexa preciso, mellorarase de forma puntual o acceso. Aproveitaranse as pistas e camiños existentes sempre que sexa posible. 

icono-business

Que ocorrerá cando rematen os traballos?

Unha vez finalizada a investigación, os terreos afectados serán restaurados. A cuberta vexetal que se retire conservarase para volver utilizala; as sondaxes selaranse e recuperarase a superficie afectada, incluídos os accesos que fosen necesarios. Finalmente, procederase á recuperación progresiva do aspecto da cuberta vexetal. 


O proceso administrativo

Cada un dos nove Proxectos de Investigación, que conteñen unha Memoria explicativa individual do plan xeral de investigación que se prevé realizar, estará en exposición pública. Unha vez aprobado cada un dos Proxectos de Investigación, Cerámica Campo terá un tempo limitado para efectuar os traballos xeolóxicos nos terreos. 

Para levar a cabo a investigación, o titular do permiso (Cerámica Campo), chegará a un acordo cos propietarios, titulares ou ocupantes dos terreos que sexan imprescindibles para o acceso ou o avance dos traballos de investigación. 


A empresa

Cerámica Campo é a marca de materiais de construción (cerámica e prefabricados de formigón) que iniciou a súa actividade na década de 1940 por iniciativa de Epifanio Campo Núñez. Desde esa data e ata a actualidade, os activos industriais que fabrican os produtos de Cerámica Campo pertencen á familia Campo, que controla as súas liñas de negocio a través do Grupo Rodonita.

Cerámica Campo conta con catro plantas industriais e explotacións mineiras de arxilas de alta calidade no concellos de Vilalonga, en Sanxenxo (Pontevedra); Lendo, na Laracha (A Coruña) e Albixoi, en Mesía (A Coruña).


Tes algunha dúbida?

Se tes algunha dúbida sobre OS PERMISOS DE INVESTIGACIÓN DE CERÁMICA CAMPO, podes trasladala a través desta canle. 

Recibimos consultas relacionadas co proxecto, coa súa tramitación, coa actividade MINEIRA, cos controis ambientais ou con calquera outro aspecto de interese xeral. 

    Os campos marcados con son obrigatorios.